Olimpíada de Física

FASE LOCAL – UNIVERSIDADE DE VIGO

galaxy

A Olimpíada Nacional de Física é un concurso para estudantes preuniversitarios. Para participar na devandita olimpíada cada universidade selecciona a dous estudantes do seu distrito universitario, mediante unha Olimpíada Local. Na Olimpíada Nacional participan por tanto dous alumnos de cada unha das Universidades Españolas formando o equipo da devandita universidade. Cada equipo estará acompañado por un delegado da súa universidade.

A Real Sociedade Española de Física é a responsable da Olimpíada Nacional encargándolle a organización da mesma a unha das universidades participantes. A sede da Olimpíada Nacional este ano está en Valencia do 11 ao 14 abril de 2025.

España participará na próxima edición da Olimpíada Internacional de Física (IPhO) e da Olimpíada Iberoamericana de Física (OIbF). Na Fase Nacional seleccionaranse aos cinco estudantes que acudirán á Fase Internacional e aos catro que irán á Olimpíada Iberoamericana. Para a participación na Fase Nacional, cada universidade designará, na Fase Local, a dous estudantes de 1º ou 2º de Bacharelato de Centros públicos e privados, ou de Centros de Formación Profesional de grao medio ou superior.


Para o desenrolo da Fase Local, as tres Universidades de Galicia, como en anos anteriores, acordaron realizar idéntica proba, celebrándose en cada Universidade o mesmo día e hora. Cada centro poderá seleccionar un máximo de 4 estudantes para participar na Fase Local. Para a realización da mesma, os estudantes deberán ir provistos do seu DNI, material de escritura e calculadora non programable.


Unha vez seleccionados polos centros, os estudantes e o profesor que teñan intención de participar na Fase Local deberán remitir por correo electrónico á Coordinadora da Olimpíada de Física de cada Universidade a documentación que se atopa en formularios, a ficha de inscrición e a autorización para o tratamento dos datos persoais e uso de imaxe, no caso do estudante, e a ficha do profesor, no caso do profesor preparador. O prazo de envío da documentación debidamente cumprimentada e asinada será ata o luns 3 de marzo. As probas correspondentes á Fase Local terán lugar o día 7 de marzo, ás 16:00 horas.


Ao profesorado preparador do alumnado que se presente á fase local da Olimpíada de Física do curso 2024-2025, e resulte clasificado entre os 6 primeiros da súa universidade, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional recoñecerá a súa actividade como proxecto de innovación educativa cunha certificación equivalente a 15 horas de formación permanente do profesorado. No caso de que o alumno participe tamén na fase nacional ou internacional, o profesorado preparador de dito estudante recibirá un único certificado cunha equivalencia de 40 horas de formación permanente do profesorado.

Para calquera dúbida ou contacto escribir a:

•       Facultade de Física, Universidade de Santiago, SANTIAGO DE COMPOSTELA. maria.villanueva@usc.es

•       Facultade de Ciencias, Universidade de Santiago de Compostela, LUGO. maria.villanueva@usc.es

•       Facultade de Ciencias, Universidade da Coruña, A Coruña. lmsegade@udc.es

•       Facultade de Ciencias (Ciencias do Mar), Universidade de Vigo, VIGO. tpigles@uvigo.gal

•       Facultade de Ciencias, Universidade de Vigo, OURENSE. tpigles@uvigo.gal

Os alumnos poderán elixir calquera dos centros mencionados para examinarse destas probas.

A probas desenvólvense:

En Vigo na aula 20 de Ciencias do Mar

En Ourense na aula B1 do Edificio Polictécnico

En Santiago de Compostela na aula 6 da Facultade de Física

En Lugo na aula 6 da Facultade de Ciencias

En A Coruña na aula 3 da Facultade de Ciencias

https://olimpiada.webs.uvigo.es
https://olimpiada.webs.uvigo.es